Duración: 10 horas presenciais.
Datas: Venres 13 pola tarde e sábado 14 pola mañá.
O segundo curso Climántica de formación do profesorado celebrarase no hotel Porta do Camiño, en Santiago de Compostela, sito na rúa Miguel Ferro Caaveiro, s/n, coa seguinte axenda:
Venres 13 de marzo
16:30 - 17:00 Recepción e entrega de documentación.
17:00 - 17:30 Presentación da unidade 2 de Climántica Se queimamos, quentamos. Francisco Sóñora Luna, director de Climántica.
17:30 - 18:30 Conferencia coloquio Historia das fontes enerxéticas de Galicia. Francisco Díaz-Fierros, catedrático de Edafoloxía da USC e Vicepresidente do Consello da Cultura Galega.
18:45 - 19:45 Conferencia Fluxos de enerxía nos ecosistemas e cambio climático. Ricardo Anadón, catedrático de Ecoloxía da Universidade de Oviedo.
19:45 - 20:45 Conferencia Carbón e petróleo: limitacións e riscos xeolóxicos. Francisco Anguita, profesor de Xeoloxía da Universidade Complutense de Madrid.
20:45 - 21:55 Mesa redonda Unha visión comparativa sobre as posibilidades da Educación Enerxética nos sistemas educativos do século XXI.
- Mª Arminda Pedrosa, profesora de Química da Universidade de Coimbra.
- Juan Fundora, catedrático de Educación Enerxética da Universidade da Habana.
- José Mendoza, coordinador do grupo de Educación Enerxética do ICE da USC.
Sábado 14 de marzo
9:00 - 10:00 Conferencia Axentes e víctimas do cambio climático e da crise enerxética: unha visión ética desde o dereito laboral. Asunción Alarranz,profesora de Dereito Laboral da Universidade de A Coruña.
10:00 - 11:00 Conferencia Da enerxía primaria á final: o futuro do hidróxeno. Bernardo Parajó, profesor de Enxeñería Industrial e director da Axencia Enerxética de Vigo.
11:00 - 12:00 Conferencia Plano enerxético de Galicia: posibilidades didácticas e divulgativas. Representante do INEGA.
12:15 - 13:15 Conferencia Evolución da situación enerxética de España no marco do cambio climático: pasado, presente e escenarios futuros. Ignacio L. Hierro, profesor da Universidade de Comillas de Madrid.
13:15 - 14:25 Obradoiro Reforestar para compensar a pegada de C do centro educativo. Jacobo Feijó, Secretario Xeral de Desenvolvemento Rural de Unións Agrarias.
Para máis información pódese consultar e descargar o tríptico.
Para inscribirse en www.edu.xunta.es/fprof hai que seleccionar en Área: Temas transversais e en CFR: Servizos centrais.