Mi opinión sobre el Cambio Climático
Silvia Viña López 2ºD ESO
Alba Salgado Roo 2ºD ESO
Paticia del Río Canedo 2ºD ESO
Telma Lago Fuentes 2ºA ESO
Ana Janet Pérez Vallejo 2ºB ESO
Fernando Mayer Rial 2ºD ESO
Ignacio Mártinez Méndez 2ºD ESO
David Montero Fernández 2ºD ESO
O problema é que o cambio climático é moi rápido. O uso de combustibles fósiles provoca un incremento das emisións de CO2 cara á atmosfera facendo que aumente o efecto invernadoiro. O cambio climático ten repercusión no ciclo da auga e tamén alterará os ciclos biolóxicos das especies. Ao solo tamén lle afecta o cambio climático xa que influe nos incendios forestais e tamén nos cultivos das terras. A Xeoloxía é importante para poder enternder os cambios do clima que ocurriron no pasado. Así os científicos estudan os xeos da Antártida na búsqueda de indicios de cambios climáticos no pasado. O quentamento global acelerado provoca o derretimento dos xeos dos glaciares. O aumento do CO2 na atmosfera que está relacionado coa maior demanda e consumo de enerxía, provoca o incremento das temperaturas globais do planeta. O carbono emitido incorpórase á atmosfera e aos océanos. Os bosques tamén poden reequilibrar o ciclo do carbono.
A emisión de CO2 á atmosfera pola queima de combustibles fósiles é o principal causante do cambio climático. O ciclo da auga altérase cos cambios que sofre a atmosfera ademais dos procesos biolóxicos como os cambios nas rutas migratorias das aves, etc. O desfase da temperatura no verán en Valencia e Madrid, comparado con A Coruña é moi grande. Os fósiles son moi importantes para facer estudios do paleoclima. Outro efecto debido ao quentamento global é o desxeo dos glaciares e o conseguinte aumento do nivel do mar. O aumento de CO2 incrementa a retención de calor na atmosfera. O carbono almacénase nos océanos e na terra, ademais os bosques son os encargados de equilibrar o ciclo do carbono.
Nestes momentos estamos a evidenciar un cambio climático que se está a producir dunha maneira rápida. O principal causante son as emisións de CO2 que emitimos cara á atmosfera cando queimamos os combustibles fósiles como o carbón e o petróleo. O cambio climático afecta tanto ao ciclo da auga como aos procesos biolóxicos, por exemplo variando as rutas migratorias de moitas aves. A tendencia actual do clima é cara un quentamento global da Terra. Deste xeito provoca o derretemento dos xeos acumulados nos glaciares. Unha das causas do problema é que a poboación humana está experimentando un crecemento moi alto e polo tanto tamén medran as súas demandas de enerxía. O carbono almacénase nos océanos e na terra e os bosques xogan un papel moi importante no equilibrio do ciclo do carbono.
O clima cambia dunha maneira moi rápida. O aumento da temperatura media global da Terra provoca alteracións do ciclo da auga. Tamén modifica as rutas migratorias das aves, afecta a distintas especies…O solo tamén está moi afectado. É importante valorar a información que nos aportan os fósiles sobre o clima do pasado (paleoclimatoloxía). As capas de xeo ricas en 18O formáronse en épocas quentes. Os cambios no clima tamén están relacionados con cambios producidos na excentricidade da órbita terrestre. É imprescindible destacar que debido á temperatura, desapareceron moitos glaciares. A vida sen CO2 non existiría, pero o aumento de CO2 na atmosfera fai que aumente a calor. O home é a única especie capaz de alterar o medio que o rodea no transcurso do seu periodo vital. O aumento do efecto invernadoiro e por tanto da temperatura podería conlevar que o noso planeta se asemellase a Venus que ten unha temperatura moi regulada pero que alcanza os 464 ºC. Os xeos de Groenlandia, no verán do 2040, non existirán. Outro efecto da concentración de CO2 e que acidifica os océanos.
As temperaturas aumentaron moito xa que se incrementou a concentración de CO2 na atmosfera o que fai que a retención de calor da mesma sexa maior. O quentamento global fai que os xeos dos glaciares se derreta e polo tanto estes desaparezan. A poboación humana aumenta rápidamente e esto fai que cada vez se gaste máis enerxía. As secas provocarán máis erosión dos solos e tamén favorecerán a que os incendios forestais sexan máis frecuentes. O cambio climático tamén ten efectos no mar, xa que se constata que a temperatura da auga subiu 0.8 ºC nos últimos 20 anos. No verán de 2040 os xeos de Groenlandia non existirán. O desxeo provocará o aumento do nivel do mar en 50 cm.
O problema non é que o clima cambie en si, xa que esto vai coa natureza da Terra. O malo é que o cambio climático é moi rápido. É posible que estemos inmiscuidos nunha gran crise. O uso de combustibles fósiles é o punto de partida do problema, que dende a Revolución Industrial cada vez agudízase máis. Os cambios no clima teñen a súa repercusión no ciclo da auga. Pode haber fenómenos meteorolóxicos extremos, desaparecer fontes, ríos, etc. Cambian tamén os hábitats e as especies se ven ameazadas. Se cambia o clima a paisaxe tamén pode cambiar aparecendo zonas desérticas. No medio urbano a compoñente climática influe na disposición das cidades. Haberá movementos migratorios, e polo tanto as cidades deberán adaptarse aos cambios. Debemos saber diferenciar tempo e clima, non é o mesmo. O clima é o estado da atmosfera durante moito tempo; o tempo son as manifestacións meteorolóxicas nun momento dado. Os xeólogos son os científicos capaces de dar respostas a cambios climáticos que ocorreron no pasado, xa que a través dos fósiles poden averiguarse moitas cousas sobre o clima e as condicións climáticas hai moitos anos. Os cambios normais do clima están asociados a variacións na inclinación do eixe da Terra ou na órbita da mesma, pero son cambios que se levan a cabo en periodos moi longos, de moitos miles de anos. Os periodos cálidos entre as glaciacións se denominan interglaciares. En Galicia a temperatura subiu cerca de 1.5 ºC nos últimos 30 anos, o que nos indica que estamos nunha zona moi sensible ao cambio climático. No mundo están desaparecendo moitísimos glaciares, esto ocorre en moi poucos anos, polo que debemos estar moi alerta. Hai que comentar que o efecto invernadoiro é algo natural do planeta xa que sin el a Terra estaría moi fría, pero si aumentamos este efecto podemos poñer en perigo esta estabilidade. Unha frase moi interesante é “o home é a única especie capaz de alterar o seu entorno”. Isto é así porque debido ás nosas emisións contaminantes estamos a destruir a atmosfera. Por tanto, preocupémonos un pouco máis polo noso planeta e incluso pola nosa vida, porque tamén se verá afectada. O cambio climático afecta a todo e a todos.
O clima cambia moi rápido. A nai do problema é o uso dos combustibles fósiles. Os residuos tamén teñen protagonismo nos cambios do clima por canto no seu procesado emiten gases contaminantes. O cambio climático provoca alteracións nos ecosistemas, afectando tamén ao ciclo da auga. Distintas especies poden verse afectadas tamén con cambios nas rutas migratorias. Tamén se modifica o solo o que conleva cambios de cultivos, aumento do risco de incendios…etc. Houbo crisis ambientais que destruiron civilizacións. Na web de Climántica existen cursos para estudiar o efecto invernadoiro así como visualizar vídeos sobre cambio climático. Ademáis se poden consultar centos de noticias. A Xeoloxía aporta datos de cómo era o clima en épocas pasadas. O fai estudando os fósiles, as rochas etc. Tamén por medio do estudio do xeo extraido de perforacións na Antártida ou en Groenlandia. En Galicia a temperatura subiu uns 1.5 ºC en 30 anos. Na actualidade están desaparecendo glaciares en diversas partes do mundo. O efecto invernadoiro é beneficioso para a vida pero o seu incremento pode resultar perxudicial. As persoas somos os culpables do cambio climático. O incremento das emisións de CO2 son debidas a que cada vez consumimos máis enerxía. O carbono almacénase na atmosfera e nos océanos ainda que neste último o exceso do mesmo pode provocar a acidificación da auga. Ademáis o cambio climático provoca cambios no mar como o aumento da temperatura o que fai que desaparezan os corais. No 2040 os xeos de Groenlandia van a desaparecer.
O clima cambia dun xeito rápido. Os residuos son un problema ambiental que tamén xogan un papel dentro do sistema climático, xa que no proceso do seu tratamento emítense gases contaminantes. O maior problema para o cambio climático é o uso dos combustibles fósiles. Estes cambios no clima poden provocar alteracións no ciclo da agua. O estudio das temperaturas entre distintas cidades nos indica que hai moita diferenza entre Madrid, Valencia e A Coruña, polo que podemos ter problemas para adaptarnos a climas nos que non estamos habituados a vivir. É importante valorar a relevancia dos fósiles nos estudios do paleoclima. O incremento da temperatura global está provocando a desaparición de moitos glaciares. O aumento do CO2 provoca o aumento das temperaturas, pero sen o efecto do CO2 na atmosfera non habería vida. Os xeos que cubren Groenlandia desaparecerán no verán do 2040.
As temperaturas en Galicia aumentaron en 1.5 ºC nos últimos 30 anos. Estamos pasando unha gran crisis ambiental. O ciclo da auga pode verse alterado polas variacións do clima o mesmo que as especies, a paisaxe…No medio rural o cambio climático pode afectar á frecuencia dos incendios forestais. As cidades tamén se verán afectadas polo cambio climático. Mediante o estudio de fósiles os científicos poden caracterizar os climas do pasado. Ademais existen evidencias históricas de cambios climáticos como poden ser os gravados que amosan o rio Támesis xeado, algo que actualmente non ocorre. O home é a única especie que pode alterar o seu entorno en pouco tempo. O crecemento da poboación mundial é desmesurada e cada vez aumenta máis o consumo de enerxía, o que afecta moito ao clima polas emisións de gases de efecto invernadoiro. O 50 % do carbono queda na atmosfera. Entre os efectos do cambio climático están: impactos nos ecosistemas onde moitas especies se ven ameazadas coa extinción, aumento da temperatura dos océanos, subida do nivel do mar en 50 metros, perda de moitas especies mariñas e desxeo dos glaciares. No 2040 non existirá xeo no verán en Groenlandia.