Publicado o
13 06 2007 as 24:00
|| Categoría
A Coruña
O día 8 de xunio de 2007 tivemos unha conferencia no salón de actos onde nos faralon acerca do cambio climático. Presentouse unha gráfica onde se resumían os datos da temperatura de A Coruña dos últimos 30 anos e onde poidemos ver como se incrementaba ata hoxe en día. Hai un problema: o clima cambia moi rápido. Tamén nos explicaron que o proxecto Climántica conta con 8 unidades didácticas e unha serie de banda deseñada. Mediante a súa páxina web informa e permite opinar nun blog aberto á toda a cidadanía, tamén se pode aprender mediante diferentes leccións de cursos multimedia onde podemos evaluar as nosas respostas. A web conta tamén con un apartado denominado ClimánticaTV onde se poden ver videos e un espazo para centros piloto. Todo o da páxina web se pode descargar.
Publicado o
13 06 2007 as 24:00
|| Categoría
A Coruña
O home é a única especie que pode cambiar o seu entorno a nivel global. Isto é unha realidade, o cambio climático o é. Climántica pretende demostrar que o problema é serio. Estamos sufrindo unha crise global debido ao clima. As probas son claras: aumentan as temperaturas, desaparecen os glaciares, as aves vense na obriga de cambiar os seus hábitos migratorios… O clima de por si cambia; pero o preocupante son os grandes cambios sufridos nos últimos 30 anos. O cambio é tan notable que según os estudos realizados, os xeos de Groenlandia desaparecerán no verán do 2040. Os cambios normais do clima están asociados entre outras causas, ao efecto dos cambios na orbita da Terra. Climántica en definitiva o que intenta e concienciarnos e axudarnos a entender o problema do cambio climático polo que pon á nosa disposición unha web con novas e cursos que nos achegan medidas para poder combatir o cambio climático.
Publicado o
13 06 2007 as 24:00
|| Categoría
A Coruña
Moitas das especies animais do mundo se ven afectadas polo cambio climático. Pero tamén pode afectar ás cidades debido á súa localización cerca da costa como é o caso da nosa cidade. No ano 2100 se non cambiamos a actitude e deixamos de producir grandes cantidades de gases de efecto invernadoiro moitas das cidades do mundo poden sufrir inundacións debidas ao aumento do nivel do mar. Estos temas podense consultar dende a páxina web do proxecto Climántica onde ademais podemos poñer comentarios. A especie humana é a única que pode alterar o seu entorno no tempo da súa vida. E así vemos como un grande problema do consumo de enerxía é debido á superpoboación do planeta. O maior país emisor de CO2 é EEUU. Os científicos nos din que no 2040 pode non existir xeo en Groenlandia no verán, co cal algúns países xa se están pelexando polas posibles rutas marítimas que se abrirían nestes mares.
Publicado o
13 06 2007 as 24:00
|| Categoría
A Coruña
O cambio climático é unha realidade. O clima cambia pero: cales son as causas que producen este cambio?. Todos sabemos que a especie humana é a principal responsable, xa que é a única capaz de producir un cambio semellante. Unha das causas principais son as emisións de CO2 desprendidas do uso dos combustibles fósiles que utilizamos. O clima sempre cambiou pero este cambio notábase en moitos anos, o preocupante é que si observamos as gráficas de evolución das temperaturas, por exemplo, vemos que nos últimos 30 anos o cambio é perfectamente visible. Se isto segue a iste ritmo, no 2040 os xeos que cubren Groenlandia desaparecerán no verán. Por outro lado os cambios normais do clima poden ser debidos a cambios no eixe de inclinación da Terra e máis da súa órbita ao redor do Sol, que cambia en periodos de miles de anos. O estudo dos fósiles permiten obter información destes cambios, como poden ser os aneis de árboles fosilizados que amosan as condicións climatolóxicas nos tempos en que vivían. O obxectivo de proxectos como o de Climántica e tentar concienciar á xente do problema para que entre todos poidamos frear o cambio climático e así mellorar as condicións de tódalas especies así como favorecer a biodiversidade.
Publicado o
13 06 2007 as 24:00
|| Categoría
A Coruña
Unha das principais causas do aumento das temperaturas está relacionada coa emisión de CO2 debido á combustión dos combustibles fósiles. Isto provoca cambios no clima que trae como consecuencia un aumento do risco de incendios forestais. Ademais o cambio climático provoca alteracións do sistema atmosférico e o ciclo da auga o que pode afectar ás especies animais e vexetais. A intensidade do quentamento global durante o século XX non tivo precedentes na historia da Terra. O aumento do efecto invernadoiro, debido á emisión de CO2 e outros gases pola actividade humana, provoca un incremento das temperaturas globais e isto fai que os xeos dos polos se derritan. Se comparamos o que ocorre con outros planetas, vemos que Venus sería un invernadoiro perfecto pois a temperatura e similar tanto de noite como de día.
Publicado o
13 06 2007 as 24:00
|| Categoría
A Coruña
O cambio climático que estamos notando estase a producir dunha maneira moi rápida e o principal causante son as emisións de CO2 que proveñen da combustión dos combustibles fósiles. Á vez que o clima cambia, prodúcense tamén cambios no ciclo da auga, e así as especies se verán tamén afectadas. O cambio climático é tamén a causa de moitos incendios que producen unha alteración forte na agricultura e na gandeiría. Temos que ter claro que non é o mesmo tempo que clima. Coa palabra clima nos referimos ao estado do tempo atmosferico dunha rexión durante un periodo máis ou menos amplo. A Xeoloxía é unha ciencia imprescindible no estudio do cambio climático, xa que os fósiles amósannos moitos datos de cómo era o clima hai millóns de anos. O quentamento global acelerado está derretendo o xeo dos glaciares. O aumento do CO2 pola actividade humana provoca o aumento da temperatura do planeta e a partir da Revolución Industrial notouse un claro crecemento nas emisións deste gas. A maior parte do C que chega aos océanos retírase do ciclo porque se incorpora ás rochas, ou nas cunchas dos organismos. O cambio climático altera o ciclo biolóxico e ao facer que aumente a temperatura do mar provoca o branqueamento dos corais. Por outro lado, Groenlandia está perdendo moita superficie e tende a desaparecer totalmente o xeo que a cubre.
Publicado o
05 06 2007 as 24:00
|| Categoría
A Coruña
Debemos concienciarnos de que se seguimos as así non chegaremos lonxe. As causas, nós; as consecuencias: aumento do efecto invernadoiro, cambios no clima… O aumento do efecto invernadoiro pode chegar a ser funesto, a calor queda retida na atmosfera da Terra facendo que esta se quente e provocando o desxeo dos polos, por exemplo. Unha das causas do cambio climático é a mala xestión da enerxía, entre outras. O aumento do nivel do mar debido ao desxeo pode provocar a inundación de diferentes cidades en todo o mundo.
Publicado o
05 06 2007 as 24:00
|| Categoría
A Coruña
Creo que esta charla é unha forma de responder a preguntas importantes na nosa vida como: sería mellor a nosa vida se aforráramos enerxía ou recicláramos? ¿que pode chegar a pasar se non facemos nada ante o notable cambio climático? por que se produce o cambio climático que parece afectarnos tanto?... Dende sempre sábese que o clima, definido como conxunto de datos sobre a atmosfera ao longo de moito tempo, distinto de tempo atmosférico (hoxe chove, fai sol…), cambiou, pero nunca o incremento da temperatura global da Terra que producimos nós mesmos coas nosas fábricas, cos nosos gastos de enerxía e sobre todo coa expulsión continua de CO2 á atmosfera, aumentando o chamado efecto invernadoiro. Con isto provocamos cambios notables como o desxeo actual da Antártida, os cambios de tipo biolóxico…
Publicado o
05 06 2007 as 24:00
|| Categoría
A Coruña
O cambio climático é un problema que realmente está presente. O aumento da concentración de dióxido de carbono é o causante deste problema; por outro lado é quen mantén á Terra cunha temperatura idónea para a vida. É curioso que Venus que está máis lonxe do Sol que Mercurio, sen embargo, ten unha temperatura máis alta debido a que en Venus hai un efecto invernadoiro. Todo o mundo pensa que os bosques recollen todo CO2 que nós soltamos ao aire pero non e certo, xa que os árbores só recollen a maior parte de CO2 cando son novos, isto afecta a todo. O aumento da temperatura fai que se derrita o xeo e isto fai que aumente o nivel do mar chegando a subir ata medio metro. “Todos xuntos podemos eliminar estes problemas, pero todos xuntos non só un só, senón todos”
Publicado o
05 06 2007 as 24:00
|| Categoría
A Coruña
Nesta charla unha das cousas das cales se nos fala, é, por exemplo a diferencia entre tempo e clima. Dísenos tamén que a temperatura media da Terra aumentará aproximadamente 4 º C. Este aumento vai a traer grandes consecuencias, que agora mesmos estamos vivindo. A causa deste aumento de temperatura, o xeo da Antártida vaise derretir cada vez máis a presa, e a consecuencia disto, o nivel do mar aumentará. Unha das causas máis importantes do cambio climático é a emisión dos gases de efecto invernadoiro. Un destes gases é o CO2 pero ainda que o seu incremento é un problema para o planeta, sen él a vida non existiría.