CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

IES Pintor Colmeiro. Silleda (Pontevedra) - M. G. F. (3º C ESO)

 

Un dos indicadores do cambio climático é a pegada ecolóxica: a superficie que precisa unha persoa para sobrevivir, que nestes momentos é de 2.8 hectáreas/individuo (algo así como 2 campos de fútbol). A explotación actual do planeta é insostible. Dende a revolución industrial a temperatura aumentou 0.7 ºC producindo así o desxeo dos polos e o aumento do nivel do mar. Isto ocorre debido a que dos 7.5 millóns de toneladas que emitimos, aproximadamente 3.2 quedan na atmosfera. A causa primeira deo quentamento global é o exceso de CO2 que se emite á atmosfera, que aumentou moitísimo desde a Revolución Industrial. Este gas é capaz de reter unha gran cantidade de radiación solar, provocando o aumento da temperatura. As causas últimas disto son a poboación humana, moi elevada con respecto a séculos anteriores, e o masivo consumo de enerxía por habitante. É dicir, é unha causa humana na que os habitantes dos países desenvolvidos somos os máximos responsables. Baseándose nestes datos, os científicos estudan canto pode aumentar a temperatura, a poboación, a emisión de CO2 etc., no futuro. Que podemos facer? Temos duas opcións: -Nada! Deixar que isto siga así sen reducir as emisións de CO2, malgastando enerxía, etc. e que a temperatura aumente ata 7 ºC en 70 anos, e que en non moitos anos moitas partes do planeta sexan inhabitables. -Reaccionar: reducir emisións, aforrar enerxía, etc. e intentar que a temperatura non aumente máis de 2-3 ºC. Para seguir este segundo camiño, o menos negativo, hai que concienciar á sociedade de que o cambio climático é un problema moi grande, e reaccionar!.


IES Pintor Colmeiro. Silleda (Pontevedra) - L. B. C. (3º C ESO)

 

Pertencemos a unha sociedade desenvolvida económicamente e facemos un uso pouco sostible dos recursos que temos, co cal podemos chegar a sufrir problemas relativos á seguridade alimentaria, pobreza, perda de biodiversidade, quentamento global. Existen claras evidencias da existencia de cambios ambientais dende o comezo da Revolución Industrial. Enviamos cerca de 3000 millóns de toneladas de CO2 á atmosfera cada ano, principalmente procedentes da queima de combustibles fósiles. O aumento da concentración de CO2 na atmosfera é o principal causante do quentamento do planeta. O consumo de enerxía eléctrica aumentou en Galicia en gran medida, o que leva asociado un aumento tamén importante das de CO2 á atmosfera. No futuro se seguimos facendo as cousas como ata agora, crecerán moito máis estes problemas, e teren consecuencias catastróficas sobre nós e os nosos descendentes.


IES Pintor Colmeiro. Silleda (Pontevedra) - L. M. P. (4º B ESO)

 

O cambio climático é un problema medioambiental que nos debería preocupar a todos. Aforrando enerxía poderiamos mellorar o cambio polo cal estamos pasando. Os galegos estamos concienciados da loita contra o cambio climático e podemos desenvolver accións encamiñadas a mitigar o efecto do cambio climático na nosa comunidade. O derretimento da capa de xeo produce o aumento do nivel do mar, e deste xeito, a xente que vive preto da costa, terá que trasladarse ao centro. O CO2 que enviamos á atmosfera produce que esta reteña a calor, e así se incremente o quentamento global que nos conduce a un cambio climático.


IES Pintor Colmeiro. Silleda (Pontevedra) - M. S. B. (4º B ESO)

 

As temperaturas globais do noso planeta están sufrindo un importante cambio, que está sendo producido pola humanidade. Sobre todo polos países máis avanzados, ainda que os que máis sufrirán este cambio serán os máis pobres. Isto débese á forte dependencia do uso dos combustibles fósiles para producir enerxía como o carbón e o petróleo. Isto está axudando a aumentar o efecto invernadoiro co conseguinte incremento das temperaturas en un periodo de tempo moi curto polo que o cambio é rápido e orixinará grandes problemas ambientais no futuro como o aumento do nivel do mar (desaparecerán algunhas illas), a desaparición de especies, etc.


IES Pintor Colmeiro. Silleda (Pontevedra) - P. L. F. (4º A ESO)

 

Na charla falouse das causas do cambio climático, como o aumento do CO2 na atmosfera. Amosáronnos mediante gráficas cales son os países con maiores emisións de CO2 (EEUU, Unión Europea…) e tamén como se relaciona o aumento da temperatura coa presencia destes gases de efecto invernadoiro na atmosfera. Explicáronnos gráficamente como o incremento da temperatura fai que se desprendan bloques de xeo que viaxan polo océano como icebergs ata que se derreten incrementando o contido de auga doce no mar. Isto provoca que o nivel da auga aumente e pode chegar a anegar pobos, cidades… Despois desta charla quédanos claro que debemos emitir menos CO2 á atmósfera.


IES Pintor Colmeiro. Silleda (Pontevedra) - Andrea (4º A ESO)

 

O cambio climático é un problema moi importante que afecta tanto aos ecosistemas terrestres coma aos mariños. A concentración de CO2 na atmosfera é a máis elevada dos últimos 650.000 anos. O cambio nos niveles de CO2 na atmosfera é algo normal, sen embargo o quentamento global que se está a evidenciar é moi probable que sexa causado polas emisións de CO2 debidas á acción humana. Durante uns 7000 anos a poboación aumentou moi lentamente, pero despois da Revolución Industrial este crecemento disparouse. Existen certos países que van a sufrir moi drásticamente os efectos do cambio climático, como Bangladesh, debido a que o aumento do nivel do mar pode asulagar as terras deste país pobre de Asia. Na nosa comunidade constatouse que o consumo de enerxía eléctrica se duplicou no periodo 1990-2004. O Plan Galego de Acción contra o Cambio Climático aborda distintos aspectos: Mitigación, Adaptación. Investigación e Formación e Sensibilización.


IES Pintor Colmeiro. Silleda (Pontevedra) - S. P. V. (4º A ESO)

 

A Terra enfróntase a un problema preocupante como é o cambio climático. A causa principal do mesmo son as emisións de CO2 á atmosfera xunto con outros gases que incrementan o efecto invernadoiro. O incremento nas emisións é debido ao excesivo consumo de enerxía que facemos. As consecuencias do cambio climático xa as estamos empezando a sufrir nestes anos, pero de non cambiar os hábitos de vida das sociedades máis desenvolvidas o problema pode ser moito máis perxudicial. Así temos que o incremento da temperatura global do planeta repercute no desxeo dos polos facendo que aumente o nivel do mar. Plantéxasenos a pregunta de cómo podemos reaccionar. Pois temos que decatarnos de que a responsabilidade é de todos e conseguir como principal obxectivo a redución das emisións de CO2.


IES Pintor Colmeiro. Silleda (Pontevedra) - Y. F. L. (4º A ESO)

 

Existen claras evidencias da existencia de cambios ambientais desde o comezo da revolución industrial. O cambio climático aféctanos de moitos xeitos e debemos facer algo para que isto non siga avanzando. O quentamento é un proceso global. A temperatura media de Galicia sufreu un aumento duns 0.5 ºC por década (1,5 ºC nos últimos 30 anos). O incremento do nivel do mar é notable, aumenta pola fusión dos glaciares. A causa do cambio climático é a alteración dos ciclos da materia no planeta: queimamos combustibles para obter enerxía e emitimos unha enorme cantidade de CO2 á atmosfera. O CO2 provoca o chamado efecto invernadoiro. O quentamento global é provocado principalmente pola acción humana. Cada vez somos máis e consumimos moita máis enerxía polo que de non cambiar, as emisións de CO2 irán en aumento.


IES Pintor Colmeiro. Silleda (Pontevedra) - M. G. Q. (4º A ESO)

 

A principal causa do Cambio Climático está asociada ás emisións de CO2 á atmosfera o que provoca un aumento do efecto invernadoiro. Estas emisións de CO2 aumentaron moito polo consumo de enerxía tras a Revolución Industrial. Como consecuencias do cambio climático na charla falousenos de aumento da temperatura global do planeta co conseguinte proceso de derretimento do xeo dos polos. Isto fará que aumente o nivel do mar dando lugar á desaparición de certas zonas planeta como illas ou costas baixas. O cambio climático terá tamén consecuencias sobre os ciclos biolóxicos e ocasionará unha diminución da esperanza de vida. Por todo elo temos que buscar solucións sensibilizando do problema á toda a poboación como poden ser a utilización racional do transporte, reducir as emisións de CO2 á atmosfera…


IES Pintor Colmeiro. Silleda (Pontevedra) - A. I. R. (4º A ESO)

 

O cambio climático afecta á biodiversidade. Tamén afecta ao clima e polo tanto á agricultura, gandeiría…A temperatura aumentou debido ás emisións de CO2 ; a utilización masiva da enerxía, o uso de fontes de enerxía como o carbón e o petróleo despois da Revolución Industrial. As súas consecuencias son: aumento da temperatura, o desxeo dos casquetes polares que aumentan o nivel do mar, emigración desde as zonas costeiras ameazadas do planeta…Os científicos estudan o cambio climático e dos seus estudos se extrae que existe un aumento da temperatura en todo o planeta afectando tamén ao océano. Na atmosfera atópase unha gran cantidade de CO2 , producido pola combustión de carbón e petróleo principalmente. Entre os países máis contaminantes están os Estados Unidos, Europa, o norte de Asia e Australia; e entre os menos contaminantes os países do chamado Terceiro Mundo. Algúns dos países máis contaminantes buscan solucións pero outros afástanse do problema. Evidencias de cambio climático as temos por exemplo en algúns tipos de aves que adiantan ás súas postas debido a que as temperaturas son propicias para elo. Outro exemplo é o branqueamento dos corais. A desaparición de especies e a inundación de algunhas illas así como a aparición de novas enfermidades son as máis que probables consecuencias do cambio climático.


IES Pintor Colmeiro. Silleda (Pontevedra) - R. P. L. (3º C ESO)

 

Actualmente a pegada ecolóxica mundial é de 2.18 hectáreas/individuo (o equivalente a un campo de fútbol); e isto é unha ameaza para a sostibilidade da UE. As temperaturas das capas inferiores da atmosfera aumentou un 0.74 ºC ao longo do século XX. A temperatura media de Galicia aumentou 0.5 ºC por década nos últimos 30 anos. A subida do nivel do mar nas nosas costas foi de 2-3 mm por ano. O número de veces que se pechan anualmente as barreiras do Támesis é cada vez maior. O nivel do mar aumenta pola fusión dos glaciares; máis ou menos cada mes desaparece unha superficie (similar á superficie de Asturias) de xeo. Emitimos cerca de 3000 millóns de toneladas de CO2 ao ano cara á atmosfera. A concentración de CO2 na atmosfera é a máis elevada dos últimos 650000 anos. O quentamento do planeta é un fenómeno global e existe unha elevada posibilidad que sexa debida á acción humana. Esto pode ser debido ás propias características demográficas da especie humana e a masiva demanda e consumo de enerxía por habitante. Os que menos consumen enerxía son os países pobres,pero son eles aos que lles van afectar en maior medida os problemas derivados do cambio climático. Cada vez somos máis e consumimos máis enerxía. En Galicia nos últimos 15 anos duplicouse o consumo enerxético. As emisións totais de CO2 en Galicia aumentaron un 30 %; as emisións derivadas do transporte na nosa comunidade incrementáronse nun 93 %. O Plan Galego de Acción contra o Cambio Climático consta de Mitigación, Adaptación, Investigación e Formación e Sensibilización.


IES Pintor Colmeiro. Silleda (Pontevedra) - A. D. C. (3º C ESO)

 

Cambia o clima? Si cambia, pero que podemos facer nós para que as consecuencias do cambio non fagan perigar a vida sobre a Terra?. Isto foi o que nos explicaron dende o proxecto Climántica. A charla baseouse na concienciación sobre as evidencias do cambio climático (incremento da temperatura media global, incremento do nivel do mar, diminución da superficie xeada…), sobre as consecuencias e como é e como poderá ser a nosa vida dependendo do que fagamos nós. Cales son as evidencias de que existe xa un cambio climático?. Incremento da temperatura media de 7 ºC en 50 anos, incremento constante do nivel do mar…Cales son as causas? É evidente que, a pesar, de que o cambio dos niveles de CO2 na atmosfera sexa algo normal, non o é a velocidade coa que estes niveis aumentan, pero tamén é importante o tema da superpoboación e a alteración dos ciclos da materia desde a revolución industrial debido ao uso de combustibles fósiles e á deforestación. Chegamos á conclusión de que a causa é humana pero que non todos temos a mesma culpa, posto que as causantes somos os paises desenvolvidos, pero as consecuencias terán lugar maioritariamente nos continentes máis pobres. Tamén nos falaron sobre o noso futuro que podemos facer nós para cambiar o futuro? Cal é a nosa idea sobre o cambio? E finalmente unha cuestión moi importante e fundamental. Somos quen de controlar o cambio climático? O noso deber é responder a esta cuestión. Porque o futuro do mundo está nas nosas mans.


IES Pintor Colmeiro. Silleda (Pontevedra) - S. C. T. (3º B ESO)

 

Nos últimos anos o incremento de CO2 disparouse considerablemente, e en consecuencia, aumentan factores como a temperatura ou nivel do mar. Como consecuencia dese cambio climático, hai moitas persoas que se ven obligadas a abandonar o seu lugar de residencia, pois os paises desenvolvidos usan a enerxía de maneira máis masiva cos países subdesenvolvidos, e as consecuencias mallormente as van a sufrir os países pobres. Detéctase que no futuro dentro duns anos, a poboación seguirá crecendo, e utilizaranse enerxías alternativas de modo que poderíase reducir a emisións de CO2. Sen embargo, no peor dos casos, o incremento do CO2 aumentará ata 4 veces máis ca agora. E neste caso as consecuencias van a ser drásticas. Nestes anos, devátese se somos o suficientemente intelixentes coma para intentar calmar este efecto. En Galicia no 2100 a temperatura no verán aumentará no norte cerca de 2 ºC e no sur de 4. O escenario máis desfavorable indica que as temperaturas no norte aumentarán de 3 a 4 ºC e no sur de 6 a 7 ºC. Temos que ser responsables ante este problema e intentar reducir as emisións de CO2 no planeta. Ante todo temos que ter moi claro que a responsabilidade é de todos, e o problema é para todos. É practicamente imposible solucionar un problema deste tipo se os cidadáns pensan que o problema non existe. Tan só se pode achar unha solución se os cidadáns son capaces de ver a realidade do que sucede. Necesitamos facer algo que pare este complexo problema!!


Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino