CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

IES Pintor Colmeiro. Silleda (Pontevedra) - M. G. F. (3º C ESO)

 

Un dos indicadores do cambio climático é a pegada ecolóxica: a superficie que precisa unha persoa para sobrevivir, que nestes momentos é de 2.8 hectáreas/individuo (algo así como 2 campos de fútbol). A explotación actual do planeta é insostible. Dende a revolución industrial a temperatura aumentou 0.7 ºC producindo así o desxeo dos polos e o aumento do nivel do mar. Isto ocorre debido a que dos 7.5 millóns de toneladas que emitimos, aproximadamente 3.2 quedan na atmosfera. A causa primeira deo quentamento global é o exceso de CO2 que se emite á atmosfera, que aumentou moitísimo desde a Revolución Industrial. Este gas é capaz de reter unha gran cantidade de radiación solar, provocando o aumento da temperatura. As causas últimas disto son a poboación humana, moi elevada con respecto a séculos anteriores, e o masivo consumo de enerxía por habitante. É dicir, é unha causa humana na que os habitantes dos países desenvolvidos somos os máximos responsables. Baseándose nestes datos, os científicos estudan canto pode aumentar a temperatura, a poboación, a emisión de CO2 etc., no futuro. Que podemos facer? Temos duas opcións: -Nada! Deixar que isto siga así sen reducir as emisións de CO2, malgastando enerxía, etc. e que a temperatura aumente ata 7 ºC en 70 anos, e que en non moitos anos moitas partes do planeta sexan inhabitables. -Reaccionar: reducir emisións, aforrar enerxía, etc. e intentar que a temperatura non aumente máis de 2-3 ºC. Para seguir este segundo camiño, o menos negativo, hai que concienciar á sociedade de que o cambio climático é un problema moi grande, e reaccionar!.


IES Pintor Colmeiro. Silleda (Pontevedra) - L. B. C. (3º C ESO)

 

Pertencemos a unha sociedade desenvolvida económicamente e facemos un uso pouco sostible dos recursos que temos, co cal podemos chegar a sufrir problemas relativos á seguridade alimentaria, pobreza, perda de biodiversidade, quentamento global. Existen claras evidencias da existencia de cambios ambientais dende o comezo da Revolución Industrial. Enviamos cerca de 3000 millóns de toneladas de CO2 á atmosfera cada ano, principalmente procedentes da queima de combustibles fósiles. O aumento da concentración de CO2 na atmosfera é o principal causante do quentamento do planeta. O consumo de enerxía eléctrica aumentou en Galicia en gran medida, o que leva asociado un aumento tamén importante das de CO2 á atmosfera. No futuro se seguimos facendo as cousas como ata agora, crecerán moito máis estes problemas, e teren consecuencias catastróficas sobre nós e os nosos descendentes.


IES Salvador de Madariaga. A Coruña (A Coruña) - G. I. P. (2º B ESO)

 

Moitas das especies animais do mundo se ven afectadas polo cambio climático. Pero tamén pode afectar ás cidades debido á súa localización cerca da costa como é o caso da nosa cidade. No ano 2100 se non cambiamos a actitude e deixamos de producir grandes cantidades de gases de efecto invernadoiro moitas das cidades do mundo poden sufrir inundacións debidas ao aumento do nivel do mar. Estos temas podense consultar dende a páxina web do proxecto Climántica onde ademais podemos poñer comentarios. A especie humana é a única que pode alterar o seu entorno no tempo da súa vida. E así vemos como un grande problema do consumo de enerxía é debido á superpoboación do planeta. O maior país emisor de CO2 é EEUU. Os científicos nos din que no 2040 pode non existir xeo en Groenlandia no verán, co cal algúns países xa se están pelexando polas posibles rutas marítimas que se abrirían nestes mares.


IES Salvador de Madariaga. A Coruña (A Coruña) - C. R. N. (2º C ESO)

 

O cambio climático é unha realidade. O clima cambia pero: cales son as causas que producen este cambio?. Todos sabemos que a especie humana é a principal responsable, xa que é a única capaz de producir un cambio semellante. Unha das causas principais son as emisións de CO2 desprendidas do uso dos combustibles fósiles que utilizamos. O clima sempre cambiou pero este cambio notábase en moitos anos, o preocupante é que si observamos as gráficas de evolución das temperaturas, por exemplo, vemos que nos últimos 30 anos o cambio é perfectamente visible. Se isto segue a iste ritmo, no 2040 os xeos que cubren Groenlandia desaparecerán no verán. Por outro lado os cambios normais do clima poden ser debidos a cambios no eixe de inclinación da Terra e máis da súa órbita ao redor do Sol, que cambia en periodos de miles de anos. O estudo dos fósiles permiten obter información destes cambios, como poden ser os aneis de árboles fosilizados que amosan as condicións climatolóxicas nos tempos en que vivían. O obxectivo de proxectos como o de Climántica e tentar concienciar á xente do problema para que entre todos poidamos frear o cambio climático e así mellorar as condicións de tódalas especies así como favorecer a biodiversidade.


IES Agra de Raíces. Cee (A Coruña) - G.L.L. (4º C ESO)

 

Debemos concienciarnos de que se seguimos as así non chegaremos lonxe. As causas, nós; as consecuencias: aumento do efecto invernadoiro, cambios no clima… O aumento do efecto invernadoiro pode chegar a ser funesto, a calor queda retida na atmosfera da Terra facendo que esta se quente e provocando o desxeo dos polos, por exemplo. Unha das causas do cambio climático é a mala xestión da enerxía, entre outras. O aumento do nivel do mar debido ao desxeo pode provocar a inundación de diferentes cidades en todo o mundo.


IES Agra de Raíces. Cee (A Coruña) - D.L.V. (4º C ESO)

 

Creo que esta charla é unha forma de responder a preguntas importantes na nosa vida como: sería mellor a nosa vida se aforráramos enerxía ou recicláramos? ¿que pode chegar a pasar se non facemos nada ante o notable cambio climático? por que se produce o cambio climático que parece afectarnos tanto?... Dende sempre sábese que o clima, definido como conxunto de datos sobre a atmosfera ao longo de moito tempo, distinto de tempo atmosférico (hoxe chove, fai sol…), cambiou, pero nunca o incremento da temperatura global da Terra que producimos nós mesmos coas nosas fábricas, cos nosos gastos de enerxía e sobre todo coa expulsión continua de CO2 á atmosfera, aumentando o chamado efecto invernadoiro. Con isto provocamos cambios notables como o desxeo actual da Antártida, os cambios de tipo biolóxico…


IES Agra de Raíces. Cee (A Coruña) - L.C.A. (4º B ESO)

 

O cambio climático é un problema que realmente está presente. O aumento da concentración de dióxido de carbono é o causante deste problema; por outro lado é quen mantén á Terra cunha temperatura idónea para a vida. É curioso que Venus que está máis lonxe do Sol que Mercurio, sen embargo, ten unha temperatura máis alta debido a que en Venus hai un efecto invernadoiro. Todo o mundo pensa que os bosques recollen todo CO2 que nós soltamos ao aire pero non e certo, xa que os árbores só recollen a maior parte de CO2 cando son novos, isto afecta a todo. O aumento da temperatura fai que se derrita o xeo e isto fai que aumente o nivel do mar chegando a subir ata medio metro. “Todos xuntos podemos eliminar estes problemas, pero todos xuntos non só un só, senón todos”


IES Agra de Raíces. Cee (A Coruña) - Angélica (4º B ESO)

 

Nesta charla unha das cousas das cales se nos fala, é, por exemplo a diferencia entre tempo e clima. Dísenos tamén que a temperatura media da Terra aumentará aproximadamente 4 º C. Este aumento vai a traer grandes consecuencias, que agora mesmos estamos vivindo. A causa deste aumento de temperatura, o xeo da Antártida vaise derretir cada vez máis a presa, e a consecuencia disto, o nivel do mar aumentará. Unha das causas máis importantes do cambio climático é a emisión dos gases de efecto invernadoiro. Un destes gases é o CO2 pero ainda que o seu incremento é un problema para o planeta, sen él a vida non existiría.


Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino