No marco das actividades da VI Semana da ciencia do IES Nº1 de
Ribeira que se centrou no cambio climático, o martes 29 de maio, o
Director Xeral de Desenvolvemento Sostible impartiu unha conferencia
titulada “O cambio climático, un reto para Galicia e un reto para a
Humanidade”. A seguinte conferencia correu a cargo do Director do
proxecto, quen baixo “Cambia o clima? Climántica responde”, expuxo a
importancia do cambio Climático como fío conductor de todo o proxecto.
Durante o coloquio correspondente á primeira intervención os alumnos
interesáronse por os principais problemas ambientais de Galicia, as
solucións máis urxentes, sobre se podería compensar o uso da enerxía
nuclear. As preguntas relativas á segunda intervención centráronse na
existencia de riscos de furacáns en Galicia, a importancia de que se
adopten medidas políticas para resolver o problema e a duración no
tempo do proxecto Climántica.
Por último a organización da VI semana invitou ao Director Xeral e
ao Equipo Climántica a ver a exposición de actividades prácticas,
recibindo unha detallada explicación daquelas que resultaron da
aplicación do proxecto no centro, entre as que destacan modelos de
simulación coma os dos efectos Ártico e Antártico, efecto invernadoiro,
formación de furacáns, prácticas para evidenciar os efectos da choiva
ácida, construcción dun pequeno coche solar e visualización dunha
extensa exposición de murais relativos ao cambio climático. Todas estas
actividades, ao igual que as dos demais centros que desenvolvan o
proxecto, poden verse no apartado de Centros desta web.