Convocatoria da segunda edición do curso Climántica: Competencia Dixital

 



O
curso está deseñado para que poida servir de especialización ao
profesorado na xestión académica de edublogs e eduforos que lle permita
desenvolver a competencia dixital dos estudantes de Proxecto
interdisciplinar na liña da proposta “Climaeucambio” co fío condutor do
clima e do cambio climático. Os créditos presenciais adicaranse á
formación para
xestionar e dinamizar edublogs e eduforos
e a obradoiros nos que se traballen actividades prácticas (de
meteoroloxía, climatoloxía e cambio climático) que estimulen a
argumentación dos estudantes dentro destas propostas TIC para o
desenvolvemento da competencia dixital.


Este
curso universitario de posgrao consta de 60 horas (6 créditos) das
cales 18 son presenciais e as restantes compútanse pola investigación –
acción derivada das tarefas necesarias para a incorporación de
actividades nos blogues de aula relativas aos obradoiros desenvoltos
nos módulos presenciais e da retroalimentación da argumentación dos
estudantes. O curso estructúrase en 5 módulos presenciais que se
desenvolverán na Facultade de Físicas no campus Sur da USC os mércores
de novembro e primeiro mércores de decembro de 18 a 21 horas, e que
foron reestructurados en base a
avaliación da primeira edición. Estes 5 módulos son:

  1. Obradoiros de blogues I: primeiras
    accións para crear un blogue. Mércores 5 de novembro Poñentes: Jesús M.
    Teira Rois e Susana Vázquez, licenciados en CC. Químicas e profesores
    de ensino secundario, docentes do grupo TIC do equipo Climántica.
  2. Obradoiros
    de blogues II e ferramentas TIC I. Mércores 12 de novembro. Poñentes:
    Jesús M. Teira Rois e Susana Vázquez, licenciados en CC. Químicas e
    profesores de ensino secundario, docentes do grupo TIC do equipo
    Climántica.
  3. Ferramentas TIC II
    e moderación e xestión de blogues e foros. Mércores 19 de novembro.
    Poñentes: Jesús M. Teira Rois e Susana Vázquez, licenciados en CC.
    Químicas e profesores de ensino secundario do grupo TIC do equipo
    Climántica e José Fernández Maneiro, licenciado en Xeografía e Historia
    e profesor de ensino secundario do equipo Climántica.
  4. Obradoiros de meteoroloxía escolar.
    Mércores 26 de novembro. Poñentes: Ana Lage e Santiago Salson. Doutores
    en Físicas, enxeñeiros técnicos informáticos e técnicos de MeteoGalicia.
  5. Actividades prácticas sobre cambio climático.
    Mércores 3 de decembro. Poñentes: Mercedes Rodríguez Ruibal e Raquel
    Troitiño Barros. Licenciadas en Bioloxía e profesoras de ensino
    secundario do grupo ciencia - tecnoloxía do equipo Climántica.

No
mes de marzo fixarase unha data para a posta en común das conclusións
obtidas da investigación - acción asociada á aplicación da parte
práctica na aula.


Pode verse o contido detallado dos módulos, os obxectivos, a xustificación do curso, e as liñas metodolóxicas básicas no tríptico.

Os interesados poden inscribirse cubrindo o seguinte formulario que deberá enviarse ao enderezo climantica@climantica.org,
indicando no asunto a cal dos tres criterios abaixo sinalados se
acollen, de cara a facilitar o proceso de selección, de ser necesario.
As prazas do curso cubriranse segundo a orde de inscrición e tendo en
conta estes tres criterios:


  1. Que sexan docentes que impartan a materia Proxecto interdisciplinar (PI).
  2. Que sexan docentes de centros educativos que non imparten PI.
  3. Que
    sexan licenciados ou mestres que non exercen a docencia en centros
    educativos. Neste caso requírese que a solicitude se acompañe dunha
    proposta práctica para desenvolver a parte práctica no blogue temático
    que se lle asigne.

O
curso é totalmente gratuíto, tanto na xestión como na docencia e nos
materiais e recursos consumidos no seu desenvolvemento, pero a retirada
do título, como ocorre con todo tipo de títulos das universidades, está
supeditado ás taxas universitarias, que neste caso son do orde de 15€.


Comentarios:
  • Sintaxis HTML: Deshabilitado

Últimas entradas

Mes

Categoría

pinguino
pinguino