No marco das actividades da III Semana da tecnoloxía do IES Pintor Colmeiro de Silleda que se centrou no cambio climático e nas enerxías renovables, o xoves 7 de xuño, o Director Xeral de Desenvolvemento Sostible impartiu unha conferencia titulada “O cambio climático, un reto para Galicia e un reto para a Humanidade”. A seguinte conferencia correu a cargo do Director do proxecto, quen baixo “Cambia o clima? Climántica responde”, expuxo a importancia do cambio climático como fío conductor de todo o proxecto. Durante o coloquio destacou unha pregunta dunha alumna sobre os efectos do cambio climático sobre a esperanza de vida das persoas e se afectaría por igual nos países ricos que nos países pobres. Na Semana da tecnoloxía expuxéronse os mellores proxectos tecnolóxicos realizados polos alumnos durante o curso, entre os que podemos destacar unha cociña solar feita cunha parabólica e novos prototipos de robots.