A Terra enfróntase a un problema preocupante como é o cambio climático. A causa principal do mesmo son as emisións de CO2 á atmosfera xunto con outros gases que incrementan o efecto invernadoiro. O incremento nas emisións é debido ao excesivo consumo de enerxía que facemos. As consecuencias do cambio climático xa as estamos empezando a sufrir nestes anos, pero de non cambiar os hábitos de vida das sociedades máis desenvolvidas o problema pode ser moito máis perxudicial. Así temos que o incremento da temperatura global do planeta repercute no desxeo dos polos facendo que aumente o nivel do mar. Plantéxasenos a pregunta de cómo podemos reaccionar. Pois temos que decatarnos de que a responsabilidade é de todos e conseguir como principal obxectivo a redución das emisións de CO2.