As temperaturas en Galicia aumentaron en 1.5 ºC nos últimos 30 anos. Estamos pasando unha gran crisis ambiental. O ciclo da auga pode verse alterado polas variacións do clima o mesmo que as especies, a paisaxe…No medio rural o cambio climático pode afectar á frecuencia dos incendios forestais. As cidades tamén se verán afectadas polo cambio climático. Mediante o estudio de fósiles os científicos poden caracterizar os climas do pasado. Ademais existen evidencias históricas de cambios climáticos como poden ser os gravados que amosan o rio Támesis xeado, algo que actualmente non ocorre. O home é a única especie que pode alterar o seu entorno en pouco tempo. O crecemento da poboación mundial é desmesurada e cada vez aumenta máis o consumo de enerxía, o que afecta moito ao clima polas emisións de gases de efecto invernadoiro. O 50 % do carbono queda na atmosfera. Entre os efectos do cambio climático están: impactos nos ecosistemas onde moitas especies se ven ameazadas coa extinción, aumento da temperatura dos océanos, subida do nivel do mar en 50 metros, perda de moitas especies mariñas e desxeo dos glaciares. No 2040 non existirá xeo no verán en Groenlandia.