O clima cambia moi rápido. A nai do problema é o uso dos combustibles fósiles. Os residuos tamén teñen protagonismo nos cambios do clima por canto no seu procesado emiten gases contaminantes. O cambio climático provoca alteracións nos ecosistemas, afectando tamén ao ciclo da auga. Distintas especies poden verse afectadas tamén con cambios nas rutas migratorias. Tamén se modifica o solo o que conleva cambios de cultivos, aumento do risco de incendios…etc. Houbo crisis ambientais que destruiron civilizacións. Na web de Climántica existen cursos para estudiar o efecto invernadoiro así como visualizar vídeos sobre cambio climático. Ademáis se poden consultar centos de noticias. A Xeoloxía aporta datos de cómo era o clima en épocas pasadas. O fai estudando os fósiles, as rochas etc. Tamén por medio do estudio do xeo extraido de perforacións na Antártida ou en Groenlandia. En Galicia a temperatura subiu uns 1.5 ºC en 30 anos. Na actualidade están desaparecendo glaciares en diversas partes do mundo. O efecto invernadoiro é beneficioso para a vida pero o seu incremento pode resultar perxudicial. As persoas somos os culpables do cambio climático. O incremento das emisións de CO2 son debidas a que cada vez consumimos máis enerxía. O carbono almacénase na atmosfera e nos océanos ainda que neste último o exceso do mesmo pode provocar a acidificación da auga. Ademáis o cambio climático provoca cambios no mar como o aumento da temperatura o que fai que desaparezan os corais. No 2040 os xeos de Groenlandia van a desaparecer.
Enviado por martin 18 06 2007 as 22:12