O problema non é que o clima cambie en si, xa que esto vai coa natureza da Terra. O malo é que o cambio climático é moi rápido. É posible que estemos inmiscuidos nunha gran crise. O uso de combustibles fósiles é o punto de partida do problema, que dende a Revolución Industrial cada vez agudízase máis. Os cambios no clima teñen a súa repercusión no ciclo da auga. Pode haber fenómenos meteorolóxicos extremos, desaparecer fontes, ríos, etc. Cambian tamén os hábitats e as especies se ven ameazadas. Se cambia o clima a paisaxe tamén pode cambiar aparecendo zonas desérticas. No medio urbano a compoñente climática influe na disposición das cidades. Haberá movementos migratorios, e polo tanto as cidades deberán adaptarse aos cambios. Debemos saber diferenciar tempo e clima, non é o mesmo. O clima é o estado da atmosfera durante moito tempo; o tempo son as manifestacións meteorolóxicas nun momento dado. Os xeólogos son os científicos capaces de dar respostas a cambios climáticos que ocorreron no pasado, xa que a través dos fósiles poden averiguarse moitas cousas sobre o clima e as condicións climáticas hai moitos anos. Os cambios normais do clima están asociados a variacións na inclinación do eixe da Terra ou na órbita da mesma, pero son cambios que se levan a cabo en periodos moi longos, de moitos miles de anos. Os periodos cálidos entre as glaciacións se denominan interglaciares. En Galicia a temperatura subiu cerca de 1.5 ºC nos últimos 30 anos, o que nos indica que estamos nunha zona moi sensible ao cambio climático. No mundo están desaparecendo moitísimos glaciares, esto ocorre en moi poucos anos, polo que debemos estar moi alerta. Hai que comentar que o efecto invernadoiro é algo natural do planeta xa que sin el a Terra estaría moi fría, pero si aumentamos este efecto podemos poñer en perigo esta estabilidade. Unha frase moi interesante é “o home é a única especie capaz de alterar o seu entorno”. Isto é así porque debido ás nosas emisións contaminantes estamos a destruir a atmosfera. Por tanto, preocupémonos un pouco máis polo noso planeta e incluso pola nosa vida, porque tamén se verá afectada. O cambio climático afecta a todo e a todos.