O clima cambia dunha maneira moi rápida. O aumento da temperatura media global da Terra provoca alteracións do ciclo da auga. Tamén modifica as rutas migratorias das aves, afecta a distintas especies…O solo tamén está moi afectado. É importante valorar a información que nos aportan os fósiles sobre o clima do pasado (paleoclimatoloxía). As capas de xeo ricas en 18O formáronse en épocas quentes. Os cambios no clima tamén están relacionados con cambios producidos na excentricidade da órbita terrestre. É imprescindible destacar que debido á temperatura, desapareceron moitos glaciares. A vida sen CO2 non existiría, pero o aumento de CO2 na atmosfera fai que aumente a calor. O home é a única especie capaz de alterar o medio que o rodea no transcurso do seu periodo vital. O aumento do efecto invernadoiro e por tanto da temperatura podería conlevar que o noso planeta se asemellase a Venus que ten unha temperatura moi regulada pero que alcanza os 464 ºC. Os xeos de Groenlandia, no verán do 2040, non existirán. Outro efecto da concentración de CO2 e que acidifica os océanos.