Nestes momentos estamos a evidenciar un cambio climático que se está a producir dunha maneira rápida. O principal causante son as emisións de CO2 que emitimos cara á atmosfera cando queimamos os combustibles fósiles como o carbón e o petróleo. O cambio climático afecta tanto ao ciclo da auga como aos procesos biolóxicos, por exemplo variando as rutas migratorias de moitas aves. A tendencia actual do clima é cara un quentamento global da Terra. Deste xeito provoca o derretemento dos xeos acumulados nos glaciares. Unha das causas do problema é que a poboación humana está experimentando un crecemento moi alto e polo tanto tamén medran as súas demandas de enerxía. O carbono almacénase nos océanos e na terra e os bosques xogan un papel moi importante no equilibrio do ciclo do carbono.