Cambia o clima? Si cambia, pero que podemos facer nós para que as consecuencias do cambio non fagan perigar a vida sobre a Terra?. Isto foi o que nos explicaron dende o proxecto Climántica. A charla baseouse na concienciación sobre as evidencias do cambio climático (incremento da temperatura media global, incremento do nivel do mar, diminución da superficie xeada…), sobre as consecuencias e como é e como poderá ser a nosa vida dependendo do que fagamos nós. Cales son as evidencias de que existe xa un cambio climático?. Incremento da temperatura media de 7 ºC en 50 anos, incremento constante do nivel do mar…Cales son as causas? É evidente que, a pesar, de que o cambio dos niveles de CO2 na atmosfera sexa algo normal, non o é a velocidade coa que estes niveis aumentan, pero tamén é importante o tema da superpoboación e a alteración dos ciclos da materia desde a revolución industrial debido ao uso de combustibles fósiles e á deforestación. Chegamos á conclusión de que a causa é humana pero que non todos temos a mesma culpa, posto que as causantes somos os paises desenvolvidos, pero as consecuencias terán lugar maioritariamente nos continentes máis pobres. Tamén nos falaron sobre o noso futuro que podemos facer nós para cambiar o futuro? Cal é a nosa idea sobre o cambio? E finalmente unha cuestión moi importante e fundamental. Somos quen de controlar o cambio climático? O noso deber é responder a esta cuestión. Porque o futuro do mundo está nas nosas mans.