Cuestións organizativas sobre o curso da Unidade 2 de Climántica

 



Para dar cabida aos
418 inscritos, cámbiase a sala na que se desenvolverán as conferencias
correspondentes ao curso sobre a unidade 2 de Climántica, quedando
agora na sala Obradoiro do Palacio de Congresos de Galicia, onde se
procederá a acreditar aos asistentes. Para que se poida certificar a
asistencia dos inscritos a través de http://www.edu.xunta.es/fprof é
imprescindible a acreditación e sinatura das sesións do venres e do
sábado. A recepción e entrega de material adiántase ás 16:00 para que o
feito de dar cabida a toda a inscrición non afecte ao inicio das
actividades prevista para as 17:00. Por esta razón a organización
agradece ao profesorado con destino máis próximo a sede, que se achegue
canto antes para conseguir o obxectivo de manter o horario das
conferencias. Co fin de pechar un número aproximado de asistentes ao
programa social proposto, as persoas que desexen asistir á cea social,
ao catering de despedida e as que tendo dereito a aloxarse por
distancia e lugar de traballo e residencia, queiran participar no
sorteo das habitacións dobres reservadas, deberán cubrir a ficha e enviala ao enderezo electrónico ou
número de fax que nela se indican.


Comentarios:
  • Sintaxis HTML: Deshabilitado

Últimas entradas

Mes

Categoría

pinguino
pinguino