Congreso Internacional “As Geociencias no Desenvolvimento das Comunidades Lusófonas”

 

Entre os días 13 e 14 de outubro celebrouse en Coimbra (Portugal) dentro do programa Ano Internacional do Planeta Terra, o Congreso Internacional “As Geociencias no Desenvolvimento das Comunidades Lusófonas” onde o Proxecto Climántica tivo a oportunidade de darse a coñecer neste foro aberto a países como Brasil, Timor Leste, Cabo Verde, Mozambique, Guinea Bissau, San Tomé e Príncipe, Angola, e Portugal. No evento estiveron representados diversas personalidades dos medios académicos, políticos e empresariais, responsables en educación, investigación e desenvolvemento dentro do marco das Ciencias da Terra e o Medio Ambiente dos países lusófonos. A presentación que levaba por título: Climántica, Educação Ambiental para a Sociedade das Alterações Climáticas, encadrouse dentro da sesión adicada á Educación e Historia en Geociencias. Encargouse de comunicala e defendela o xeólogo de Climántica José Lires Corbal.


Comentarios:

Enviado por Maria Helena Henriques 29 10 2008 as 19:20

Caros companeros de Climantica,

Gracias por esta transmissão da Conferecia GEODCL no site da Climántica. Haverá algum documentário mais geral sobre a Conferencia? Os geoloos da Petrobras gostariam muito de um documentario com referencia aos discursos do Mário Soares, por exemplo.
Um abraço luso-galaico.
Maria Helena

Enviado por Equipo Climántica 01 11 2008 as 24:48

Grazas por darnos a oportunidad de estar presentes na Conferencia GEODCL. Estamos preparando o documental xeral que vos faremos chegar.
Un abraço ás amigas e aos amigos de Climántica en Portugal.
Equipo Climántica.
 
  • Sintaxis HTML: Deshabilitado

Últimas entradas

Mes

Categoría

pinguino
pinguino