Segundo documental do seminario impartido por Francisco Anguita

 

Este segundo documental da serie de tres que recollen a intervención de Francisco Anguita no curso de Climántica na materia CCMC desde a sostibilidade e as TIC, contén a entrada de cheo aos problemas ambientais no seminario que impartiu o 15 de novembro de 2008.


Do Big Bang ao problema ecolóxico: aproximación do cosmos á problemática ambiental

 

O sábado 15 de Novembro, Francisco Anguita, doutor en CC. Xeolóxicas e profesor titular da Universidade Complutense de Madrid, impartiu o seminario “Do Big Bang ao problema ecolóxico: aproximación do cosmos á problemática ambiental”, dentro do curso Climántica na materia de CCMC desde a sostibilidade e as TIC.


Módulo Materiais e sostibilidade: Do cosmos á nanotecnoloxía

 

O pasado sábado 8 de Novembro, Ramón Cid Manzano, licenciado en CC. Físicas e en CC. Químicas catedrático de instituto da especialidade de Física e Química, impartiu un seminario dentro do curso Climántica na materia de CCMC desde a sostibilidade e as TIC.


Versión en portugués do documental "O cambio climático: O reto do século XXI"

 

Este documental foi traducido ao portugués pola asociación da UNESCO Ano Internacional do Planeta Terra en Portugal, dentro do marco de colaboración de Climántica con membros desta asociación pertencentes á Universidade de Coimbra.


Congreso Internacional “As Geociencias no Desenvolvimento das Comunidades Lusófonas”

 

Entre os días 13 e 14 de outubro celebrouse en Coimbra (Portugal) dentro do programa Ano Internacional do Planeta Terra, o Congreso Internacional “As Geociencias no Desenvolvimento das Comunidades Lusófonas” onde o Proxecto Climántica tivo a oportunidade de darse a coñecer neste foro aberto a países como Brasil, Timor Leste, Cabo Verde, Mozambique, Guinea Bissau, San Tomé e Príncipe, Angola, e Portugal. No evento estiveron representados diversas personalidades dos medios académicos, políticos e empresariais, responsables en educación, investigación e desenvolvemento dentro do marco das Ciencias da Terra e o Medio Ambiente dos países lusófonos. A presentación que levaba por título: Climántica, Educação Ambiental para a Sociedade das Alterações Climáticas, encadrouse dentro da sesión adicada á Educación e Historia en Geociencias. Encargouse de comunicala e defendela o xeólogo de Climántica José Lires Corbal.


Climántica na materia de CC. para o Mundo Contemporaneo desde a sostibilidade e as TIC

 

O día 4 de outubro iniciose o curso de posgrao "Climántica na materia das CC. para o mundo contemporáneo e as TIC". Na presentación o codirector do curso pola USC e coordinador do CAP do ICE, José Mendoza Rodríguez, expuxo os aspectos organizativos e de xestión deste tipo de cursos de posgrao de formación continua do profesorado. A continuación o codirector da Consellería de Medio Ambiente e director do proxecto Climántica, Francisco Sóñora Luna, expuxo a fundamentación e contido do curso. Unha vez rematada a presentación, a profesora de Física e Química do grupo TIC de Climántica, Susana Vázquez Martínez, iniciou a docencia correspondente ao primeiro módulo: "Sostibilidade e cambio climático nos blogues e foros de Climántica en CC. para o Mundo Contemporáneo".


Últimas entradas

Mes

Categoría

pinguino
pinguino