O clima cambiou sempre

Os cambios no clima provocados por causas naturais desenvolvéronse de xeito constante na historia da Terra, pasando de climas cálidos a fríos, e viceversa, en períodos de tempo grandes ou ás veces de xeito brusco. Nestes cambios, a temperatura superou entre 8 e 15º C a temperatura media actual (15º C) facendo inviable, por exemplo, a existencia de xeo nos polos.

Os científicos separan en dúas as causas naturais principais para a orixe dos cambios climáticos naturais: externas e internas. As primeiras están relacionadas cos movementos orbitais da Terra e a súa relación co Sol como fonte de enerxía fundamental do planeta, polo que as variacións da mesma influirán nos cambios climáticos.

O matemático Milutin Milankovitch, a comezos do século XX, sinalou as principais causas de orixe externa que afectan á variabilidade do clima.

unidad_1 image_60 Milutin Milankovitch (1879-1958) foi un matemático serbio que comenzou as súas investigacións na Universidade de Belgrado aínda que pronto tivo que emigrar a Budapest por causa da Primeira Guerra Mundial. Nesta cidade atopou traballo na biblioteca da Academia Húngara das Ciencias onde se adicou a investigar sobre a orixe das glaciacións. Froito destas investigacións, Milankovitch estableceu unha teoría astronómica na que relacionaba os movementos orbitais da Terra, o grao de insolación e o clima do planeta.