Documental sobre os dous itinerarios desenvoltos en Lira o día 29 de setembro para premiar a obra de teatro representada por 30 estudantes de ESO do IES A Nosa señora dos ollos grandes de Lugo.
Documental sobre os dous itinerarios desenvoltos en Lira o día 29 de setembro para premiar a obra de teatro representada por 30 estudantes de ESO do IES A Nosa señora dos ollos grandes de Lugo.
Documental sobre as actividades da estancia formativa correspondente aos premios para bacharelato 2007-2008 que se celebrou entre o día 8 e o día 12 de setembro.
Transcrición da traducción que fixo o profesor Jorge Mira das declaracións de Hawkins nas que expresou o seu pensamento sobre as relacións entre cambio climático e o futuro do ser humano no cosmos. “Mentres nos situamos ao borde dunha segunda era nuclear e un período de cambio climático sen precedentes, os científicos teñen unha responsabilidade especial unha vez máis de informar ao público e aconsellar aos líderes acerca dos perigos que azoutan a humanidade. Como científicos estamos aprendendo como as actividades humanas e tecnolóxicas afectan aos sistemas climáticos en formas que poderían afectar para sempre a vida na Terra. Como cidadáns do mundo temos o deber de compartir o coñecemento, tamén o deber de alertar ao público dos riscos innecesarios que estamos vivindo cada día e dos perigos que prevemos se gobernos e sociedades non toman accións. Creo que o futuro a longo prazo da raza humana será no espacio. Será moi difícil xa evitar un desastre no planeta Terra nos próximos 100 anos, non xa nos próximos 1000 ou un millón de anos. A raza humana non debería poñer todos os ovos na mesma cesta, ou no mesmo planeta. Esperemos evitar que a cesta caia antes de ter espallado a carga”
Documental que recolle as primeiras experiencias piloto do proxecto Climántica no sistema educativo de Arxentina que tiveron lugar os días 29 e 30 de maio de 2008.
Documental que recolle as primeiras experiencias piloto do proxecto Climántica no sistema educativo de Cuba que tiveron lugar os días 26, 27 e 28 de maio de 2008.
Climantopía é unha das iniciativas de Climántica para levar a Educación Ambiental a toda a cidadanía desde a dimensión lúdica. As mensaxes de sensibilización sobre o cambio climático e a crise ambiental fanse chegar a través do arte dramático, do humor, da música, da danza, da maxia e da expresión corporal. Climántopía é un espectáculo pensado para a diversión e sensibilización de todas as idades que se estrou no Pazo de Congresos de Santiago de Compostela o día 21 de xuño, como actividade de peche do I Congreso Climántica de estudantes e que durante o verán estivo presente nos sete concellos núcleos de sostibilidade en 2008: Ponte Candelas (27 e 28 de xuño), Muros (4 e 5 de xullo), Guitiriz (11 e 12 de xullo), Allariz (18 e 19 de xullo), O Covelo (26 de xullo) Abegondo (1 e 2 de agosto) e O Barco de Valdeorras (8 e 9 de agosto).