Presentación do I Curso de posgrao Climántica-USC

 

O sábado 23 de febreiro presentouse o I Curso de posgrao Climántica-USC: competencias dixital e de aprender a aprender e desenvolveuse o primeiro módulo dos 5 recollidos no programa: Os blogs como ferramentas para desenvolver competencias básicas I: o uso dun blog no contexto de aula de climaeucambio.


Entrevista ao escritor Agustín Agra Premio Merlin 2006

 

Entrevista a Agustín Agra sobre Climántica Bibliotecas.


Xornada formativa sobre a iniciativa Climántica Meteo

 

O día 6 de novembro de 2007 celebrouse en Santiago de Compostela unha xornada formativa sobre a iniciativa Climántica Meteo. O director do proxecto, Francisco Sóñora, situou a iniciativa dentro do proxecto Climántica e presentou o material multidisciplinar para a ESO "Climaeucambio" que o permite desenvolver. O director de MeteoGalicia, Vicente Pérez, e o seu responsable da Área de Clima Santiago Salsón, presentaron as aportacións deste organismo á iniciativa e o funcionamento da aplicación web para cargar os datos da rede de Meteo Escolas. A coordinadora dos edublogs e eduforos desta iniciativa, Susana Vázquez, presentou as súas potenciales para desenvolver a competencia dixital no traballo co material multidisciplicinar de Climaeucambio. A xornada foi clausurada oficialmente polo Conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez Fernández e pola Conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón.


Clausura oficial da xornada formativa relativa á iniciativa Climántica Meteo

 

O Conselleiro de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, Manuel Vázquez Fernández, e a Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, Laura Sánchez Piñón, clausuraron a xornada formativa relativa á iniciativa Climántica Meteo que se celebrou en Santiago de Compostela o 6 de novembro de 2007.


Os edublogs do material multidisciplinar Climaeucambio para ESO

 

A coordinara dos edublogs e eduforos do Equipo Climántica Susana Vázquez, presentou as súas características e potencialidades para desenvolver a competencia dixital no marco de aplicación do material multidisciplinar para a ESO "Climaeucambio" da iniciativa Climántica Meteo, durante a xornada formativa adicada a esta iniciativa que se celebrou en Santiago de Compostela o 6 de novembro de 2007.


A participación de MeteoGalicia dentro da iniciativa Climántica Meteo

 

O director de Meteo Galicia Vicente Pérez e o responsable da Área de Clima deste organismo presentaron as aportacións de Meteo Galicia á iniciativa Climántica Meteo e o funcionamento da aplicación web para cargar os datos da rede de Meteo Escolas, durante a xornada formativa adicada a esta iniciativa que se celebrou en Santiago de Compostela o 6 de novembro de 2007.


Últimas entradas

Mes

Categoría

pinguino
pinguino