Segundo documental do seminario impartido por Angel Carracedo

 

Este segundo documental recolle aspectos relativos á xenómica forense e criminal. Sobre eles entrou nos debates éticos derivados do difícil equilibrio entre liberdade e seguridade, indicando que lle asusta o desequilibrio que se está producindo cara a seguridade.


Como pode influir a xenómica no mundo contemporáneo

 

Primeiro documental sobre o seminario impartido polo catedrático da USC Angel Carracedo, o sábado 13 de decembro, co que rematou a fase presencial do curso de “Climántica na materia de Ciencias para o Mundo Contemporáneo desde a Sostibilidade e as TIC”.


Terceiro documental do seminario impartido por Emilio Pedrinaci

 

Neste terceiro documental pode verse a parte final do seminario. Nel tratou a importancia da argumentación no estudo do riscos, e indicou que era un aspecto moi interesante, moi valorado na didáctica dos ingleses.


Segundo documental do seminario impartido por Emilio Pedrinaci

 

Neste segundo documental continua a explicación de como aplicar a teoría de Tectónica de Placas permite explicar a regularidade dos volcáns e terremotos. Aproveita interesantes animación e modelos gráficos, que están a disposición no apartado de recursos, para facer a explicación dos movementos en bordes converxentes, diverxentes e transformantes e a súa relación coa formación de terremotos e volcáns.


Compromisos para a sostibilidade derivados dos riscos naturais e da sobreexplotación dos recursos

 

O sábado 29 de Novembro, Emilio Pedrinaci, doutor en xeoloxía e catedrático de instituto en Sevilla, impartiu o seminario titulado “Compromisos para a sostibilidade derivados dos riscos naturais e da sobreexplotación dos recursos” dentro do curso Climántica na materia de Ciencias para o Mundo Contemporáneo(CCMC)desde a sostibilidade e as TIC.


Terceiro documental do seminario impartido por Francisco Anguita

 

Este terceiro documental recolle a fase final do seminario impartido por Francisco Anguita o día 15 de novembro. O seu contido recolle as respostas ás preguntas que se lle formularon na parte de coloquio.


Últimas entradas

Mes

Categoría

pinguino
pinguino