Como nos chega a enerxía do Sol?.

unidad_1 image_18

O Sol emite enerxía en forma de luz que atravesa a atmosfera. De toda a luz que o Sol manda cara á Terra só unha terceira parte chega a superficie do planeta, pois a atmosfera actúa como un filtro de moita radiación luminosa.

Da que chega á Terra os nosos ollos unicamente aprecian unha pequena parte a que chamamos luz visible. A luz viaxa en forma de onda. Para entender o que é unha onda, imaxinemos unhas partículas que describen uns movementos como os das seguintes figuras:

unidad_1 image_19