Internet na aula

 

Poñencia inaugural da sección de ciencias naturais no congreso nacional de Internet na aula que se levou a cabo o día 26 de xuño na sede de Santander.


Segundos premios Climántica: campamento formativo dos premiados de ESO

 

Estancia no campamento Os Biocos dos estudantes gañadores dos premios da segunda edición do concurso de Climántica.


I Congreso Climántica para Estudantes

 

Case 300 estudantes de centros educativos de Galicia reuníronse o día 21 de xuño en Santiago para analizar, entre outros temas, as medidas fronte ao cambio climático, o desenvolvemento sostible e o respecto ao medio ambiente, no I Congreso de Estudantes de Climántica, organizado pola Consellería de Medio Ambiente.


Celebración do Día Mundial do Medio Ambiente coa clausura das I Xornadas Temáticas Climántica

 

O día 5 de xuño, coincidindo coa celebración do Día mundial de medio ambiente, clausuráronse as primeiras xornadas temáticas de Climántica que se celebraron como experiencia piloto no IES Fernando Blanco de Cee.


Primeira experiencia piloto de Escolas Climántica de Avós e Netos

 

O día 9 de xuño tivo lugar no IES Campo de San Alberto a primeira experiencia piloto dunha das dimensións máis innovadoras de Climántica: Escolas Climántica de avós e netos.


Fin de curso da asignatura Climántica de 4º Ciclo da USC no curso 2007-2008

 

As actividades de fin de curso da asignatura Climántica de 4º ciclo da USC remataron coas dúas últimas clases prácticas:


  • Clase práctica en Carnota de dinámica de praias e as súas relacións cos cambios de clima.

  • Dinámica de grupos e xogos de rol sobre enerxía, consumo e cambio climático.

Así mesmo, a conferencia inaugural da xornada de Clausura de todos os cursos de 4º ciclo de Galicia correspondeulle ao proxecto Climántica.


Últimas entradas

Mes

Categoría

pinguino
pinguino