CAMBIA O CLIMA?
SE QUEIMAMOS QUENTAMOS
AUGA E CAMBIO CLIMÁTICO
O LIXO TAMÉN QUENTA
COMO AFECTAN OS CAMBIOS NO CLIMA ÁS ESPECIES E AOS ECOSISTEMAS?
O CLIMA NA PAISAXE, NA ORDENACIÓN DO TERRITORIO E NO TURISMO
MEDIO RURAL E CLIMA
MEDIO URBANO E CLIMA

Galicia gaña o concurso internacional Climántica 2018

 
O xurado CLMNTK2018, formado por Anna Pons, directora do Centro de Educación Ambiental da Comunidade Valenciana, José Manuel Gutierrez, técnico de Educación Ambiental do CEIDA do Goberno de Euskadi e coordinador da rede estatal de Educación Ambiental EsEnRed, Carmen Villavicenico, director do programa LA Ciencia en tu Escuela da Academia Mexicana de Ciencias e Mar Fuentas xefa do departamento de Orientiación do IES Terra de Xallas, fallou os premios do congreso xuvenil virtual do 2018. Os resultados quedaron reflectidos no portal do congreso xuvenil virtual internacional a través do cal se realizaron as achegas seleccionables:

http://congresovirtual.climantica.org



Estes premios outórganse por produtos multimedia de sensibilización ambiental cidadá presentados ao congreso virtual internacional CLMNTK18 consisten en participar nos proxecto consisten en asignar as 60 prazas de asistentes aos campus internacionais de Aveiro e de Costa Rica. O primeiro produto clasificado no concurso foi creado por dúas alumnas do IES Xelmirez I de Santiago de Compostela.



Este produto gañador foi creado polas alumnas Lucía Igrexas Noya e Clara Paz Oleiro, alumnas de primeiro e Bacharelato deste instituto compostelán, entrevistadas con motivo do premio polo diario La Voz de Galicia.

Para a valoración dos produtos se ponderaróns dous tipos de puntuacións: as valoracións dos membros do xurado que asignou ata un máximo de 1800 puntos Esta puntuación completouse cos 600 primeiros votos de Facebook.

O segundo e o terceiro posto ocupáronos dous produtos de México, entre os que se sitúa a obra de artes plásticas máis valorada das presentadas a concurso, e que recibe o nome de Prisa:


Os outros dous países que lograron representación neses dous campus foron Polonia e Portugal. De España lograron representación as comunidades autónomas de Galicia, Madrid, Cataluña, Castela e León, Canarias, Cantabria e Murcia.


Comentarios:
 
  • Sintaxis HTML: Deshabilitado
  •  
  •  

Últimas entradas

Categorías

Buscar

pinguino
pinguino